Ferrer, José
Actor cinematográfico portorriqueño. Estudiou na Princeton University e debutou en Broadway a mediados dos anos trinta e dirixiu espectáculos coa New York Theatre Company. A súa primeira participación no cine foi na película Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948), de Victor Fleming. Inclinouse máis polo teatro, aínda que participou nun bo número de producións cinematográficas, entre as que destacan Whirpool (Voráxine, 1950), Cyrano de Bergerac (1951), Moulin Rouge (1952), The Caine Mutiny (O motín de Caine, 1954), Lawrence of Arabia (Lawrence de Arabia, 1962), The Greatest Story Ever Told (A historia máis grande xamais contada, 1965), Midsummer Night’s Sex Comedy (Comedia sexual dunha noite de verán, 1982) ou Dune (1984). Tamén dirixiu algunhas películas, como I Accuse (Eu acuso, 1958) ou Stage Fair (1962). En 1951 obtivo un Oscar pola súa interpretación de Cyrano de Bergerac na película homónima de Michael Gordon.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santurce, Puerto Rico -
Deceso
Lugar : EE UU