Ferrero, Guglielmo

Ferrero, Guglielmo

Historiador, sociólogo e xornalista. Estudiou nas universidades de Pisa e Turín e, despois dunha estancia en Londres, París e Berlín, expuxo a teoría da decadencia dos pobos latinos, que rexeitou posteriormente. Impartiu clases na Universidade de Xénova, pero tivo que exiliarse polo seu enfrontamento co réxime fascista italiano (1930) en Suíza, onde traballou na Universidade de Xenebra e no Instituto de Altos Estudios Internacionais. Escribiu, entre outras obras, La morale primitiva e l’attavismo del delito (A moral primitiva e o atavismo do delito, 1896), Grandezza e Decadenza di Roma (Grandeza e Decadencia de Roma, 1902-1908), e La rovina della civilitá antica (A ruina da civilización antiga, 1926).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Portici, Nápoles

  • Deceso

    Lugar : Xenebra