Ferrière, Adolphe
Pedagogo suízo. Profesor da Universidade de Xenebra (desde 1909) e do Institut Jean-Jacques Rousseau de Xenebra (1912-1922), fundou a Oficina Internacional das Escolas Novas (Bureau International des Écoles Nouvelles, 1899) e, en 1900, xunto con Hermann Lietz, traballou na primeira das escolas novas de campo alemanas (Ilsenburg). En 1921 fundou a Liga Internacional da Nova Educación e dirixiu a revista Pour l’Ère Nouvelle. A súa contribución á pedagoxía está vinculada ao movemento da escola nova e un dos seus obxectivos era transformar e renovar a escola tradicional. A escola nova baséase no respecto aos intereses e necesidades do neno, na utilización de métodos activos, no desenvolvemento da autonomía do neno, no espírito crítico e na cooperación. O fin último da educación é axudar ao neno ao seu desenvolvemento e ao das súas potencialidades. Cómpre destacar as súas obras l’École active (1920) e l’Autonomie des écoliers (1921).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Xenebra -
Deceso