ferrocromo
ferrocromo
(
s
m
[IND]
Aliaxe de ferro e cromo, cun 60 a 75% de Cr, que se emprega na fabricación de aceiros especiais para a construción, resistencias eléctricas e aceiro inoxidable. Obtense no forno eléctrico a partir de minerais de Cr, coque e cuarzo. Forma carburos e mellora as propiedades da ferrita.