ferroelectricidade
ferroelectricidade
(
s
f
[FÍS]
Produción dunha polarización eléctrica espontánea e reversible en determinados cristais ao se someter á acción dun campo eléctrico exterior. Entre as substancias onde o efecto é máis notable cómpre citar o titanato de bario e o sal de Rochelle, que presentan, ademais, histérese dieléctrica, cunha gráfica de forma semellante á das substancias ferromagnéticas. Esta propiedade ten aplicación na conversión directa de calor en electricidade.