Ferrol Diario

Ferrol Diario

Publicación de información xeral aparecida en Ferrol a partir do 12 de xullo de 1969. Editada por Ferrol Ediciones SL (FESA), ao longo dos anos dirixírona Alejandro L. Outeiriño, Eugenio Pontón, Juan Mª Gallego, David Corral e Arturo Lezcano. Inicialmente, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región, en Ourense. A partir do 4 de xuño de 1972 saíu cunha nova imaxe; daquela contaba xa con talleres propios.