ferrollo

ferrollo

(

  1. s m

    Barra ou mecanismo semellante, normalmente de ferro, que serve para trancar portas ou ventás.

    Ex: Xa apaguei as luces e lle botei o ferrollo á porta.

    Sinónimos: aldraba, gorrón, fixa.
  2. s m [BÉL]

    Mecanismo dunha arma de fogo longa, como o fusil, que contén o dispositivo disparador e que serve para cargala, ao tempo que pecha a recámara mentres o proxectil está dentro da vaíña.

Formas incorrectas

cerrollo