gabia

gabia

(< lat cavĕa)

  1. s f

    Rego longo, fondo e estreito que se fai nun terreo para poñer cimentos, levantar un valado, soterrar unha canalización, etc.

    Ex: Fixeron unha gabia na entrada da casa para que non chegase a auga das fortes chuvias.

  2. s f
    1. Canle a cada lado dun camiño ou estrada para recoller a auga da chuvia.

      Sinónimos: foxo.
    2. [CONSTR/ENX]

      Suco que se fai no medio dos fosos secos dunha fortificación que serve para escoar a auga.

  3. s f
    1. Rego longo e fondo que se fai na terra para plantar ou sementar algo.

      Ex: Abriron unha gabia para plantar novas vides.

    2. Cada unha das fileiras de cepas que conforman unha viña.

      Ex: Quédanlle catro gabias por vendimar.

  4. s f

    Muro de terra e pedras co que se cerra unha propiedade.

  5. s f [MAR]

    Vela que se larga no primeiro mastro, a continuación do pau macho.

Frases feitas

  • Cavar a gabia. Cavar a suco ancho.

Formas incorrectas

gábea, gávea, zanxa

Palabras veciñas

gabexar | gabexeiro -ra | gabexo | gabia | gabián | gabiar | gabiarra