foxo
(
-
s
m
Burato ou cavidade pequena e arredondada que existe ou se fai no terreo.
Ex: Esvarou e caeu nun foxo que había na beirarrúa.
Sinónimos: focha, fochanca, foio. -
s
m
[ETN]
Trampa empregada para cazar animais. A forma é a dun pozo cilíndrico ou cadrado, construído na parte baixa dun terreo, escavado e revestido con muros de cachotería en seco. Ten ao redor de cinco metros de altura e leva unha pequena porta que se tapa cunha pedra e ás veces vai cuberto por ramallos, toxos e fentos para que o animal non o vexa e caia nel. Emprégase especialmente para a captura do lobo. Esta realízase a través de batidas levadas a cabo polos veciños, que fan fuxir o animal con berros e ruídos de paos e latas ou mesmo co engado dun anaco de carne, ata conseguir a súa caída no burato onde, desde arriba, se mata a pedradas ou tiros. Para a caza do xabaril a construción é semellante, pero a planta é cadrada e vai cuberta con tapadeiras de madeira con contrapeso e tapadas con terra. Ao pisala o animal, ábrese e cae no pozo, volvendo á posición primitiva por mor do contrapeso. Hoxe en día estes sistemas de captura caeron en desuso e con eles as construcións.
Sinónimos: foio. Confrontacións: trampa. -
s
m
Suco á beira das estradas e dalgúns camiños que serve para recoller a auga.
Ex: Fóiseme o coche nunha curva e caín no foxo.
Sinónimos: cuneta, foio. Confrontacións: gabia. -
s
m
[BÉL]
foso.