Gabinio, Aulo
Gabinio, Aulo
Militar e político romano. Tribuno da plebe (67 a C), propuxo a lei que lle outorgou a Pompeio o poder absoluto sobre as costas durante a guerra contra os piratas. Pretor (61 a C) e cónsul (58 a C), apoiou a condena de Cicerón ao exilio. Gobernador de Siria (57 a C), interveu militarmente en Exipto sen o consentimento do Senado para restablecer a Ptolomeo Auletes no trono, pero durante a súa ausencia producíronse desordes e unha sublevación en Siria que non puido sufocar ata o 54 a C. De volta a Roma foi acusado e condenado ao exilio. Achegouse a César durante a guerra civil. Morreu nunha expedición contra os dálmatas.
Cronología
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Salona