Gaceta del Norte, La
Gaceta del Norte, La
Diario de carácter católico e conservador fundado en 1901 en Bilbao. Cesou a súa edición en 1985. Dende un principio amosou o seu interese por manterse á marxe dos partidos políticos. Obtivo un enorme éxito editorial, o que o levou á adquisición doutro xornal, El Debate, de Madrid que, posteriormente, cedeu á Asociación católica nacional de propagandistas, xermolo da Editorial Católica. En 1932, tralos enfrontamentos acontecidos en Bilbao, os seus obradoiros foron asaltados e incendiados. En 1978, a banda terrorista ETA asasinou a un dos seus redactores xefe.