Gaceta Literaria, La

Gaceta Literaria, La

Publicación aparecida o 1 de xaneiro de 1927 en Madrid co subtitulo “Revista de letras-arte-ciencia”. Cesou a súa edición en abril de 1931. Fundada e dirixida por Ernesto Giménez Caballero, o seu principal obxectivo era ofrecer un espazo a todas as linguas peninsulares. Incluíronse artigos sobre literatura, recensións de obras e algúns poemas. Os autores galegos inseriron as súas colaboracións na sección “Gaceta portuguesa”. Coa súa desaparición foi substituída por El Robinson literario de España.