gadaño

gadaño
  1. s m

    Ferramenta agrícola semellante á gadaña, pero coa folla máis pequena e ancha, empregada habitualmente para cortar o toxo e a maleza.

  2. s m

    Apeiro de labranza de folla curva, grosa e forte que se emprega para rozar.

    Sinónimos: fouce, fouciño.
  3. s m

    Ferramenta de mango longo e dous gallos de ferro, empregada para arrincar o esterco.

    Sinónimos: picaña.
  4. s m [PESCA]

    Aparello de marisqueo empregado na rastreadura de ameixas desde unha embarcación. Está formado por unha especie de rastro con dentes de ferro terminados en curva, duns 80 cm de lonxitude, amarrados entre si sobre unha platina, da que parte un mango de madeira longo; á súa vez, os dentes están recubertos por unha rede ou tea metálica moi fina para reter os mariscos que se desenterran ao arrastralo polo fondo.