Gaddafi [al-Ka afī], Moammar
Militar e político libio. En 1969 dirixiu o golpe de estado que derrocou a monarquía de Idrīs I, tralo que se converteu en comandante en xefe das Forzas Armadas e en presidente do Consello de Mando Revolucionario, que proclamou a República. Clausurou as bases militares estadounidenses e británicas, nacionalizou as concesións estranxeiras de petróleo e tentou a unidade política de Libia con outros países árabes, ao tempo que se opuxo a toda negociación con Israel. En 1976 proclamou a República Popular Árabe Libia, na que gobernou cun programa ideolóxico no que se mesturaban o socialismo, o nacionalismo árabe e o islamismo. A mediados dos oitenta foi considerado polos occidentais como principal promotor do terrorismo internacional. A negativa a extraditar dous presuntos terroristas acusados dun atentado aéreo en 1988, custoulle un duro embargo que se mantivo ata 1999, data na que iniciou unha política de conciliación con Occidente.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Mi &#