Gádor
Gádor
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao N da cidade de Almería, á dereita do río Andarax (2 596 h [1996]). A súa economía está baseada na agricultura e na gandería ovina. Tamén posúe unha certa actividade industrial. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o poboado da Idade do Cobre de Los Millares, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931, as covas medievais e as necrópoles árabes de Paulenca, Quiciliana, Jacalgarín e Rabanillo.