Gaión, pazo dos ou pazo do Campo
Gaión, pazo dos ou pazo do Campo
Construción situada en San Pedro de Trasalba (Amoeiro). Ten planta en forma de L con dúas alturas e cunha solaina no ángulo. Conserva unha balaustrada e unha escaleira de dous tramos no patio que conduce ao piso superior. O peche realizouse con ameas. Nunha das coxías está a capela. No portal consérvase un escudo do s XVIII coas armas dos Gaioso, Puga, Losada, Muros, Sandiás e Araúxo.