Gaioso, pazo dos

Gaioso, pazo dos

Construción situada en Santa Mariña de Outeiro de Rei (Outeiro de Rei). Fundouno o conde O’Kelly e foi terreo dos Gaioso. A planta adoita a forma rectangular con baixo e dúas alturas. Na parte posterior conserva unha solaina ao xardín. Os escudos da fachada aluden aos Montenegro e Gaioso e aos Andrade, Seixas e Montenegro.

Palabras veciñas

gaiola | gaioleiro -ra | Gaión, pazo dos ou pazo do Campo | Gaioso, pazo dos | gaiote -ta | 1 gaita | 1 gaita