Gaioso, pazo dos
Gaioso, pazo dos
Construción situada en Santa Mariña de Outeiro de Rei (Outeiro de Rei). Fundouno o conde O’Kelly e foi terreo dos Gaioso. A planta adoita a forma rectangular con baixo e dúas alturas. Na parte posterior conserva unha solaina ao xardín. Os escudos da fachada aluden aos Montenegro e Gaioso e aos Andrade, Seixas e Montenegro.