Gaita Gallega, A

Gaita Gallega, A

Publicación mensual editada en La Habana a partir do 5 de xullo de 1885. Cesou a súa edición o 18 de decembro de 1887. Reapareceu nunha segunda época, entre xullo e decembro de 1889, como suplemento de El Eco de Galicia. Fundada por Ramón Armada Teijeiro e Manuel Lugrís Freire, foi o primeiro periódico editado en América integramente en lingua galega. Incluíu narracións en prosa, algúns contos, poemas e fragmentos de O Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal. Caracterízase pola súa preocupación constante sobre a lingua galega.