Galán Suárez, José

Galán Suárez, José

Escultor e pintor. Coñecido como Pepe Galán, comezou a súa traxectoria como pintor, pero derivou cara á escultura na que tentou romper os límites da frontalidade que lle impoñía a pintura. Cultivou tamén o gravado e a serigrafía. A súa obra evolucionou dende a figuración ata a abstracción e a escultura conceptual. Foi cofundador de La Galga e Gruporzán. Traballou con distintos materiais mesturando o ferro con tecidos sobre os que incidía a luz e nos anos noventa comezou a empregar o aceiro. Entre as súas obras destacan A copa do Sol, no Parque Escultórico da Torre de Hércules, Vieiros de Seu, na praza de Santo Domingo de Lugo e a serie Fendas. A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside e no Museo Municipal Bello Piñeiro de Ferrol.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña