Galapagar
Galapagar
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado no alto val do río Guadarrama, aos pés da serra de Guadarrama (16.503 h [1996]). Ten gandería ovina e bovina (dedicada especialmente á cría de touros), e industria e agricultura. É sobre todo un centro de veraneo. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha calzada romana, a igrexa da Asunción (s XVI) e a Casa Veleta, construída en tempos de Filipe II.