Galdakao

Galdakao

Municipio de Bizkaia, no val do Ibaizabal, na confluencia co Nerbion (29.646 h [1991]). Era un municipio tradicionalmennte agrícola e gandeiro, pero a súa proximidade a Bilbao fixo que se desenvolveran as actividades industriais (explosivos, plásticos, química, produtos alimentarios, etc). Documentada por primeira vez en 1375, do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa de Andra Mari (s XIII) e as torres de Isaki Goikoa (s XVI) e Lekue (s XVI).