Foucault, experimento de
Foucault, experimento de
[FÍS]
Experimento, realizado en 1851 por J. B. L. Foucault, que consiste en deixar oscilar un péndulo, libremente, durante un longo período de tempo; isto permite observar un cambio do plano de oscilación do péndulo respecto á Terra, que constitúe unha proba do movemento de rotación desta. Coñécese tamén como péndulo de Foucault.