Foucault, Michel

Foucault, Michel

Filósofo francés. Foi profesor nas universidades de Clermont-Ferrand (1960-1968) e Paris-Vincennes (1968-1970) ata ser nomeado en 1970 membro do Collège de France. Influído por S. Freud, M. Heidegger e F. W. Nietzsche, foi un dos máis importantes representantes do estruturalismo no s XX. Analizou os problemas mentais desde unha perspectiva xenealóxica na liña de traballo de Nietzsche e mantivo que a separación entre loucura-desorde e razón-orde se produciu no s XVII. Posteriormente, estudiou a historia desde unha perspectiva descontinua, en que criticou o concepto de progreso na cultura, analizou a estrutura das prisións e realizou fortes críticas ao sistema educativo occidental. Na súa obra conflúen psicoloxía, historia, filosofía e socioloxía nun intento de superar as categorías impostas polas diversas escolas destas disciplinas. Entre as súas obras destacan Histoire de la folie a l’âge classique (1961), Les mots et les choses. Une archéologie des Sciences humaines (1966), L’archéologie du savoir (1969), Surveiller et punir. Naissance de la prison (1975) e Histoire de la sexualité (1976).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Poitiers

  • Deceso

    Lugar : París