fraco -ca
fraco -ca
(< lat flaccu ‘frouxo’)
-
adx
Aplícase á persoa ou animal, ou a unha parte do seu corpo, que ten pouca carne. Na tradición oral recóllense ditos como: “O can fraco todo é carrachas. Vale máis fraco nun garabato que gordo no papo do gato”.
Ex: Échevos un mozo ben fraco para os anos que ten.
-
adx
Que ten pouca forza. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Muller, viño e tabaco poñen ao home fraco”.
Ex: Despois da gripe quedouvos moi fraco, apenas tiña forza para se mexer na cama.
-
adx
Que é pouco consistente ou de pouco peso.
Ex: Non os convencerás con eses fracos argumentos.