fractal
fractal
(< fr fractal)
-
adx
Relativo ou pertencente a un fractal ou aos fractais.
-
s
m
[MAT]
Modelo matemático ou obxecto real que mantén a súa forma esencial, fragmentada e irregular, aínda que varíe a escala de observación. As primeiras fractais, como as curvas de Von Roch, Peano ou Sierpiński, apareceron entre 1875 e 1925. Nos anos setenta, Benoît Mandelbrot definiu as bases da xeometría fractal, que permite facer modelos de fenómenos como as turbulencias, o caudal dos ríos, a distribución das galaxias ou as estruturas xeolóxicas, todos eles considerados caóticos ou desordenados noutras xeometrías.