fractura
(< lat fractūra)
-
s
f
Acción e efecto de fracturar.
Confrontacións: crebadura. -
[PAT]
-
s
f
Solución de continuidade dun óso ou máis consecutiva, xeralmente, a un traumatismo ou, ás veces, a unha contracción violenta dos músculos que se insiren. Tamén pode deberse a unha enfermidade do óso denominada osteoporose, e neste caso chámase espontánea e, a miúdo, é indolora. O tratamento comporta a redución do óso roto e o mantemento desta redución inmobilizando o membro ou a parte do corpo na que está e, ás veces, uníndoo cun cravo.
-
fractura aberta
Fractura en que hai unha comunicación entre os focos da fractura e unha ferida da pel.
-
fractura articular
Fractura en que a liña de rotura chega ata o interior da articulación.
-
fractura completa
Fractura que comprende todo o groso do óso, de xeito que este queda dividido en dous ou máis fragmentos.
-
fractura conminuta
Fractura que produce fragmentos diversos e pequenos.
-
fractura de estela
Fractura producida no sentido das fibras do órgano fracturado.
-
fractura directa
Fractura producida por un choque violento ou por unha forza vulnerante continua que actúa no mesmo lugar no que rompe o óso.
-
fractura en rama verde
Fractura en que os dous fragmentos non se separan totalmente porque o periostio, que non está danado, lles serve de mango. Este tipo de fractura é propio dos ósos das extremidades das persoas novas.
-
fractura impactada
Fractura en que se producen diversos fragmentos que se adhiren entre eles.
-
fractura indirecta
Fractura que se produce por flexión, por torsión ou por contragolpe arredado do lugar en que actúa a violencia.
-
fractura subcutánea
Fractura sen ferida exterior que comunique coa lesión ósea.
-
fractura subperióstica
Fractura en que o periostio queda indemne, o que fai que poida pasar inadvertida e que posteriormente produza unha deformidade.
-
s
f
-
s
f
[XEOL]
Ruptura dunha rocha, sen ningún desprazamento lonxitudinal das dúas masas orixinadas, que se produce cando, por un esforzo tectónico, se traspasa o límite de plasticidade da rocha.
-
s
f
-
Lugar por onde algo rompe.
-
[XEOL]
Superficie por onde rompe un mineral.
-