Fra-Diávolo
Fra-Diávolo
Semanario editado en Ourense a partir do 12 de maio de 1867 e subtitulado “Revista Literaria-Crítico Satírica”. Cesou aos poucos números. Dirixido por Santiago Infante de Palacios, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Paz. O obxectivo da publicación era desacreditar a compañía dramática á que pertencera o director.