Fraga

Fraga

Municipio da provincia de Huesca (11.783 h [1996]). Destaca polo cultivo tradicional de figueiras, base da elaboración dos figos secos de Fraga, de tradición mourisca. As actividades industriais derivan en boa parte do sector primario (almacéns de froita, fábricas de pensos e empresas de maquinaria agrícola). Tamén teñen certa presenza as industrias de materiais de construción. Identifícase coa Gallica Flavia. Habitada por unha poboación de mouriscos e cristiáns vellos, entrou en decadencia trala expulsión dos mouriscos (1610). Do seu patrimonio cultural destacan os xacementos de Monegros e a basílica paleocristiá de Pilar de Santa Quiteria (s V).