Fraguas
Fraguas
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe santanderina que pasou a Galicia. As súas armas traen, en campo de prata, un castelo de pedra, e saíndo pola porta, un león de ouro que se dirixe cara a outro león, do mesmo metal, que esta empinante, en actitude de pelexa; bordo de goles, con oito aspas de ouro.