Fraguas de Pablo, Antonio

Fraguas de Pablo, Antonio

Humorista coñecido polo pseudónimo de Forges. Estudiou telecomunicacións e ciencias sociais. Publicou o seu primeiro debuxo en 1964, cando traballaba como mesturador de imaxes en TVE. Os seus debuxos reflicten con ironía a España que viviu a transición e a consolidación da democracia. Colaborou en diversos medios como La Codorniz, Pueblo, Ya, Hermano Lobo, Por favor, Arriba, Informaciones, Interviú, Lecturas, El Jueves e Jano. Iniciou a súa viñeta diaria en El País en 1995. Como realizador dirixiu os filmes País SA (1975) e El bengador gusticiero y su pastelera madre (1976), e as series televisivas Vivir es lo que importa e 24 horas aquí. Como debuxante publicou El libro de Forges (1972), Historia de aquí (1980), En un país de Romerales (1986), No me fume (1996) e Doce de Babilonia (1999).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid