Fráiz

Fráiz

Familia de canteiros orixinarios da Terra de Montes. Xosé Fráiz Cachafeiro (Forcarei 1827-?) traballou en Pontevedra, Lugo, Ourense e León xunto cos seus fillos, entre os que destacou Domingos Antonio Fráiz García (Cerdedo 1852-Liñares 1936) que traballou nas deputacións de Ourense e Lugo na construción de estradas. O seu fillo Pedro Aparicio Fráiz Gil (Castrelo, Forcarei 1896-?) emigrou a Brasil, onde traballou na construción do ferrocarril e de estradas. Entre as súas obras destaca o pazo de Valongo en Cotobade. Colaborou na elaboración da Carta Arqueolóxica de Pontevedra.