Francisco Xavier, san
Misioneiro xesuíta. Marchou a París para estudar na Sorbonne (1525), onde obtivo o grao de licenciado (1528) e coñeceu a santo Ignacio de Loiola. Converteuse nun dos seus primeiros seguidores. Ordenado sacerdote en Venecia (1537), participou na fundación da Compañía de Xesús e colaborou na redacción das súas Constitucións. Dedicouse ás obras de caridade en varias cidades de Italia e foi enviado a Oriente (1541). Trala súa chegada a Goa (1542), dedicouse á evanxelización do S da India, Ceilán e Malaca. En agosto de 1549 trasladouse a Kagoshima, no Xapón, onde continuou o seu labor e, despois de volver á India (1551), emprendeu viaxe cara a China. Foi canonizado por Gregorio XV (1622). Na iconografía viste co hábito dos xesuítas, e leva ás veces a esclavina dos peregrinos e o bordón na man; como atributos, unha cruz nunha man ou un cangrexo. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Xavier, Navarra -
Deceso
Lugar : China