Francisco Xosé I de Austria
Emperador de Austria (1848-1916) e rei de Hungría desde 1867, fillo do arquiduque Francisco Carlos e de Sofía de Baviera, sucedeu ao seu tío Fernando I. Aspirou a fundir nun estado multinacional todos os pobos do imperio e a gobernar cun réxime autoritario centralizado en Viena. En política exterior, en 1859 os italianos derrotárono en Magenta e Solferino e, posteriormente, perdeu Lombardia. A cuestión dos ducados de Schleswig-Holstein e a disputa pola hexemonía da Confederación Xermánica conduciron á Guerra Austro-Prusiana, na que foi derrotado en Sadova (1866). Estas derrotas facilitaron os movementos nacionalistas húngaros. Tralo Ausgleich (1867), Hungría constituíuse en estado autonómo, vinculado a Austria só na súa persoa e foi coroado rei de Hungría xunto coa súa muller, Isabel de Baviera. En 1908 anexionouse Bosnia-Hercegovina, feito que provocou as tensións que levaron, en 1914, ao asasinato do seu sobriño e sucesor, o arquiduque Francisco Fernando, en Saraxevo, e ao inicio da Primeira Guerra Mundial.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Schönbrun, Viena -
Deceso