Francken
Francken
Familia de pintores flamengos activos en Anveres nos ss XVI e XVII. Frans I Francken (1542?-1616?) pintou temas históricos e relixiosos. O seu fillo Frans II Francken (1581-1642) cultivou a paisaxe, as escenas de xénero e a pintura histórica caracterizadas polo cromatismo.