Frank, Robert

Frank, Robert

Fotógrafo. En 1947 viaxou aos EE UU e comezou a traballar para Harper’s Bazaar, á vez que colaboraba con Life, Look, Fortune, Mc Call’s e The New York Times. Da súa colaboración con Werner Bischof e Pierre Berger en Perú tirou do prelo Indios non mortos (1956). Despois de traballar no eido da publicidade, conseguiu unha bolsa Guggenheim que lle permitiu percorrer os EE UU. Coas imaxes obtidas publicou The american (1957). A partir de 1958 dedicouse ao cine. Expuxo a súa obra, entre outros lugares, no MOMA de Nova York e na Kunsthaus de Zúric.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Zúric