Franqueán, Santa María de
Franqueán, Santa María de
Igrexa parroquial situada no Corgo. De orixe románica (s XII), só se conserva a nave, con cuberta de madeira, e o arco triunfal dobrado e en aresta viva. A ábsida é rectangular e cóbrese con bóveda de canón. A porta principal está formada por un dobre arco semicircular con dous pares de columnas acobadeladas con capiteis de volutas. No tímpano consérvase unha inscrición coa posible data de consagración do templo (1178). Sobre a porta sitúase unha ventá formada por columnas con capiteis vexetais e cunha arquivolta tórica.