fraterno -na

fraterno -na

(< lat fraternu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos irmáns.

    Ex: O amor fraterno debería ser imperecedoiro.

    Sinónimos: fraternal.
  2. adx

    Que é propio dos irmáns ou das persoas que se tratan como tales.

    Ex: Na empresa reciben un trato fraterno e humano.

    Sinónimos: fraternal.