fratría
fratría
(< gr ϕρατρία‘irmandade, confraría’)
s
f
[ANTROP]
Organización de parentesco formada por dous ou máis clans nos que os seus membros manteñen un parentesco unilineal. Supón case sempre a obriga da exogamia. Este tipo de agrupación deuse con frecuencia nas sociedades primitivas. O nome designaba orixinalmente as agrupacións deste tipo que existiron na antiga Grecia, especialmente entre os aqueos, con funcións relixiosas e de dereito civil. No s XIX, L. H. Morgan aplicou o termo aos grupos de parentesco que existían entre algunhas etnias de indios norteamericanos.