Freire de Andrade, Nuno

Freire de Andrade, Nuno

Señor de Pontedeume, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Caracterizouse pola tiranía e despotismo no exercicio do poder, o que o enfrontou en 1411 ao cóengo compostelán Xoán López de Vilouzás e aos monxes do mosteiro de Sobrado e que en 1431 provocaron o inicio da Primeira Guerra Irmandiña nos seus territorios. A revolta dos seus vasalos adquiriu tal magnitude que só puido ser controlada grazas á intervención da coroa, coa que tiña boas relacións tras aloxar nas súas terras o infante Enrique de Aragón (1428) e acompañar a Xoán II na guerra contra Aragón (1429). Todas estas accións valéronlle o sobrenome do Mao. Trala súa morte, foi soterrado na capela maior da igrexa do mosteiro do Monfero, ao que beneficiara en numerosas ocasións.

Cronología

  • Deceso