Freire García, Luís
Naturalista e micólogo. Iniciouse na entomoloxía. O comezo da Guerra Civil supuxo un freo na súa traxectoria. En 1950, da man de Fermín Bescansa, centrou as súas observacións na botánica e na micoloxía. Logo dunha vida como investigador autodidacta, comezou en 1965 a carreira de Bioloxía. Entre 1977 e 1982 investigou e impartiu clases nos departamentos de Botánica das facultades de Bioloxía e Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (1980-1986). Dedicouse á investigación e á divulgación dos fungos e plantas de Galicia. Destacan os artigos científicos “Nueva especie del género Amanita: A. porrinensis” (1987) e “Gyroporus ammophilus, a new poisonous bolete from the Iberian Peninsula” (Gyroporus ammophilus, unha nova especie de fungo velenoso da Península Ibérica, 1995). Publicou numerosas guías de campo como a Guía das árbores de Galicia (1989) e a Guía das setas ou cogumelos de Galicia (1990).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Vigo