freita

freita
  1. s f [XEOL]

    Corremento de terra provocado pola chuvia ou por outra causa.

  2. [XEOG]

    Corte ou depresión do terreo.

  3. Canal secundario dun prado.

    Confrontacións: abirta, birta.
  4. Caída de auga dende certa altura a causa dun corte ou depresión do terreo.

    Confrontacións: fervenza.
  5. s f pl

    Papas de avea.

    Sinónimos: afreitas, arrandas.