fervenza

fervenza

(< lat ferver)

  1. s f [XEOG]

    Caída dunha corrente de auga. Prodúcese cando, no seu avance sobre a superficie terrestre, a corrente chega a un punto de ruptura de nivel, na maior parte dos casos no contacto de dous bloques fallados, o primeiro elevado e o segundo afundido.

    Sinónimos: abanqueiro, cachón, cadoiro, fecha, freixa, ruxidoira. Confrontacións: catarata.
  2. s f

    Ebulición dun líquido.

    Confrontacións: fervor, fervura.
  3. s f

    Estado de axitación causado por unha emoción ou sentimento moi intenso.