Fervenza do Xallas

Fervenza do Xallas

Cadoiro do río Xallas na súa desembocadura na ría do Ézaro, no lugar do Cadoiro, no límite entre as parroquias (e concellos) do Pindo (Carnota) e do Ézaro (Dumbría). É o único río do continente europeo que desemboca nun cadoiro. A fervenza prodúcese por mor da resistencia á erosión do Monte Pindo, litoloxicamente un batolito de granito de biotita, que o caudal do río non é capaz de desgastar. A construción do encoro de Santa Uxía privou o curso do seu caudal, deixando o leito seco, sen respectar o caudal ecolóxico mínimo legalmente establecido. En agosto de 2000 a compañía titular da presa accedeu a proporcionar caudal ao río durante o mediodía de todos os domingos.

Palabras veciñas

fervente | fervenza | Fervenza | Fervenza do Xallas | Fervenza, encoro da | Fervenzas | ferver