Fervenza

Fervenza

Lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte (O Barco de Valdeorras) onde se atopa o cadoiro do rego de Fervenza, cun salto de 30 m de altura. O día de Pentecoste, na ermida da aldea celébrase a romaría da Virxe das Dores. Este lugar constituíu parroquia ata finais do s XIX.