catarata
(
-
s
f
Fervenza de auga de grande altura. Está orixinada por un curso de auga que debe salvar o chanzo de dous bloques fallados, un erguido e outro afundido, formados por rochas duras, que non se erosionan malia o gran volume de auga.
Confrontacións: abanqueiro, cachoeira, cachón, cadoiro, fecha, freixa, pincheira, ruxida, ruxidoira, seimeira. -
s
f
[PAT]
Afección ocular que consiste na opacidade, total ou parcial, do cristalino ou da súa cápsula. Débese a unha coagulación das proteínas que constitúen as fibras do cristalino; primeiro, ten lugar a súa desnaturalización e logo a súa aglutinación. Pode ser de natureza conxénita ou adquirida. As cataratas conxénitas son, xeralmente, de carácter estacionario e determinan un escaso déficit visual; pola contra, as cataratas adquiridas son progresivas e chegan a afectar a todo o cristalino. Destas, as máis comúns son: a senil, que comeza no núcleo do cristalino, a diabética, a endócrina, a tóxica (intoxicacións polo caruncho do centeo, naftalina, talio, dinitrofenol, etc), a traumática e a complicada, xurdida como complicación dunha enfermidade intraocular. Segundo a topografía destas opacidades, a catarata pode ser: nuclear, cortical, polar anterior, polar posterior e zonular. A visión perdida pódese recobrar mediante a extracción cirúrxica do cristalino danado.
Confrontacións: abenida, albuxe, belida, leucoma.