cachón

cachón

(< lat coctiōne‘cocción’)

  1. s m

    Conxunto de burbullas que forma un líquido ao ferver ou ao caer dun sitio alto.

  2. s m

    Onda que rompe con forza na praia facendo escuma.

  3. s m

    Salto de auga, xeralmente de pequeno tamaño, nun desnivel dun río.

    Sinónimos: abanqueiro, cachoeira, cadoiro, fecha, freixa, pincheira, ruxida, ruxidoira, seimeira, fervenza. Confrontacións: catarata.

Frases feitas

  • A cachón/ callón. loc adv Expresa que a acción ten moita intensidade. OBS: Emprégase con verbos que indican movemento ou caída de auga como ferver, chover ou chorar.

Palabras veciñas

cachola | cacholada | cacholán -na | cachón | Cachón | Cachón, San Xoán de | cachopa