Frente Democrático Juvenil

Frente Democrático Juvenil

Organización xuvenil unitaria creada en Vigo a comezos do ano 1962 por iniciativa dos militantes de CNT Víctor Francisco Cáceres e Jaime Garrido Vila. Integraba mozos simpatizantes do anarquismo e do marxismo. Logo dalgúns actos de propaganda na cidade en apoio das folgas obreiras de Asturias e de Euskadi, foi desartellado pola policía no outono do mesmo ano, trala detención dos seus membros máis significados.