Fresnes-sur-Marne
Fresnes-sur-Marne
Cidade do departamento de Val-de-Marne, Francia, situada ao S da aglomeración urbana de Paris (25.315 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Saint Sulpice (s XVII), as antigas esclusas da canle de l’Ourcq, unha prisión de 1899 e o edificio de La Poste (s XX).