Fresnillo de González Echeverría

Fresnillo de González Echeverría

Cidade do estado de Zacatecas, México (176.885 h [estim 1995]). Principal centro urbano e comercial do estado, nos contrafortes da Sierra Madre Oriental. Centraliza a produción mineira do Cerro de Proaño e ten industria metalúrxica. Fundada en 1554 co nome de Ojo del Fresnillo, foi un importante centro comercial e mineiro, grazas aos numerosos xacementos arxénteos das proximidades. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de El Tránsito, o teatro González Echeverría e o santuario de Plateros, onde se venera a imaxe do santo Niño de Atocha.